jueves, 14 de abril de 2016

COLOCACIÓN DO PRONOME ÁTONO


1º: O pronome átono non se debe confundir co pronome tónico.
Vós sabedes que non vos esquezo.
A nós non che nos deu nada
2º: O pronome átono NUNCA pode iniciar frase.
Chameite por teléfono, pero saltou o contestador.
Quedáronme dous xurelos sen vender.
Se na frase hai unha pausa (con coma na escrita ou pausa oral) o pronome debe ir despois do verbo, pois non debe comezar o enunciado: Axiña, ponte a traballar.
3º: A súa colocación normal é DESPOIS do verbo.
Iguais a eses hainos en calquera sitio.
Xoán chamoute ao móbil varias vaces.

Excepcións

O pronome átono vai diante do verbo nos seguintes casos:

1. Nas oracións subordinadas: Dille que me chame.
2. Nas oracións interrogativas e exclamativas: ¿Canto che custou?
3. Nas oracións desiderativas: oxalá me chamen para esa película.
4. Nas oracións negativas: Non te coñezo.
5. Cando o verbo vai precedido de certos adverbios: acaso, aínda, xa, axiña, mesmo, sempre, nunca, tamén…
              e cando o verbo vai precedido por algúns indefinidos: algo, alguén, ninguén, ambos, bastante, calquera, todo, nada

 APRENDAMOS A COLOCACIÓN DO PRONOME CUN POUCO DE HUMOR


No hay comentarios:

Publicar un comentario