CHEGA O OUTONO!
Para dárlle a benvida ao outono, que mellor xeito que con
poesía...Tras ler algúns poemas de importantes escritores puxémonos mans
a obra e este foi o resultado, esperamos que vos gusten!
O outono é,

que barre as árbores.
As súas cores son laranxa,
amerelo e marrón.
O outono é unha folla seca
que abre o camiño ao inverno.
O poema acabou
o outono comezou.
Brais, Paula e Álex
En outono todo invadido de follas
a lúa está che no ceo cheo de estrelas,
cando chove a auga queda pintada na herba
cando sae o sol parece que choveran estrelas.
Os castaños pola choiva solta ás castañas
coma se fosen os seus nenos,
e caen en follas listas para cociñar
para que as nenas e os nenos as poidan gozar.
Así o outono poderá ver os seus ollos
con cara de felicidade.
Fabián, Paula G. e Ana
Xa chega o outono

As árbores sen follas,
espidas polo outono.
O vento arrincoulle
sen piedade as súas follas.
Xa non hai cores
nas árbores,
agora empeza o frío
e as choivas ao seu lado
Andrea, Carmen e Arrieta
No outono pobre e chuvioso,
as follas caen e as nubes se levantan.
Igual que os cogomelos brotan,
e as castañas rebotan.
Por culpa da choiva,
quédome na casa,
aborrecido e sentado
mentres que podría comer un frío xeado.
Pablo, Juan e Adrián
No hay comentarios:
Publicar un comentario